
Escoita aquí a músicaUnha tarde calquera, eu estaba moi aburrida na miña casa, entón, pedínlle ao meu avó que me contara algunha historia, e él así o fixo:
Un neno, xa sabía perfectamente o que quería ser de maior: mago. Sabía que, si quería selo, tiña que empezar a practicar. Sempre estaba facendo trucos de maxia, incluso foi a unha escola donde lle aprenderon trucos de tódalas clases. Pouco a pouco foi aprendendo. Cada día enseñaballe todo o aprendido a súa nai. Estaban moi unidos, xa que recientemente o seu pai morrera tráxicamente traballando nas minas.
A súa nai gustáballe tanto ver ao seu fillo facendo trucos, que ela quixo intentálo tamén. E así foi. Ensaiaron duramente durante horas, días, meses...
Co paso dos anos acabaron traballando xuntos e convertíronse
en magos profesionais. Ían as mellores galas e festivais. Chegaron ao máis alto e así, fixéronse famosos.
Un día, tiñan unha celebración moi importante fóra do país e tiveron que ir en avión.
Todo ía ben ata que lles comunicaron que o avión tiña uns estranos movementos e perdía combustible.
O avión perdeu o control e acabaron tendo un accidente. Houbo moitos feridos e mortes, entre elas, a do mago. A súa nai perdera en pouco tempo as dúas persoas máis importantes da súa vida.
A muller decidiu...
Así remataba a primeira parte da historia.
O meu avó díxome que a continuaría noutra ocasión, xa que nese momento non podía rematala porque quedara ca súa moza.
Non quería facer esperar a unha dama.